Remataron as xornadas, comezamos un novo camiño

O día sete de febreiro despois das partidas nas nosas xornadas (grazas por xogar!) colgamos o cartel de “xornadas clausuradas”. O fixemos cunha sensación de éxito incrible: xogáronse as sete propostas ofertadas, cubríndose 28 das 33 prazas. Acercámonos tamén aos 100 usuarios no server e grazas á mención na prensa, conseguimos un empurrón a última hora para encher prazas.

Dende que finalizou as xornadas fixemos ademáis unha charla sobre como levar os nosos videoxogos favoritos ás nosas mesas (12 de febreiro). Ademáis xogouse unha partida de corte space ópera chamada O Bosque (13 de febreiro) e para o luns 22 hai convocada partida a Pola raíña! que ten todavía prazas libres.

As xornadas foron sinxelamente un anticipo de todo o que queremos facer e a comunidade que queremos ser. Con xente interesada en xogar e tódalas ganas que temos de facer partidas en galego, temos un novo punto no que partir para que o galego sexa un idioma roleiro.

Por se non fose pouco o que xogamos, imos participar nunha proposta chamada “D8Marzo” que organiza os nosos amigos de Ludorussafa. Cando o cartel e programación estén listos, publicitaremos por aquí e polo servidor o que imos facer (recomendamos estar no servidor para enteraros de todo o que estamos a facer, que a web intentamos actualizala pero os canles de texto son máis rápidos ca nós!).

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario