Vas Dado – A túa comunidade de rol en galego

Vas Dado e a primeira comunidade online de rol 100% en galego! Non importa o teu nivel de galego, a túa variante ou normativa, canta experiencia tes xogando ao rol, ou se nunca probaches! Todo o mundo é benvido para gozar do mellor hobby na nosa lingua.

Entra no servidor para formar comunidade!

Queres coñecer sobre as nosas próximas actividades? Consulta o noso calendario! Queres saber sobre algunha das nosas actividades pasadas? Le sobre as Xornadas Vas Dado, que celebramos o 6 e 7 de febreiro de 2021.

Por certo! En Vas Dado, todas as partidas son no noso servidor e nelas úsanse ferramentas de seguridade. Se queres saber máis sobre esta e outras cuestións (como o noso protocolo antiabusos), podes ler as nosas políticas, preguntar no servidor ou usar as outras formas de contacto.