Mudas no servidor!

Movemento en Vas Dado, galegoxogantes! Como parte da nosa nova etapa, e grazas a incorporación dunha nova colaboradora (@Jes_MB en Twitter) ao equipo de traballo, en Vas Dado realizamos mudanzas importantes. O obxectivo: facer o servidor máis noso –de todas as persoas que xogamos ao rol en galego–, pero tamén máis acolledor e máis útil. … Ler máis

Remataron as xornadas, comezamos un novo camiño

O día sete de febreiro despois das partidas nas nosas xornadas (grazas por xogar!) colgamos o cartel de “xornadas clausuradas”. O fixemos cunha sensación de éxito incrible: xogáronse as sete propostas ofertadas, cubríndose 28 das 33 prazas. Acercámonos tamén aos 100 usuarios no server e grazas á mención na prensa, conseguimos un empurrón a última … Ler máis

Conta atrás! (e resumo de actividade)

Queda cada vez menos para as xornadas dos 6 e 7 de febreiro, tedes xa a vosa praza? Pola nosa parte estamos moi satisfeitos co ritmo no que están ocupándose todas as prazas. Podemos dicir nestes momentos que están garantidas cinco das sete partidas e poderán realizarse: Tren silandeiro, O atraco, Unha pérdida de tempo, … Ler máis

Aberto o prazo para apuntarse ás partidas!

Dende hoxe xa podedes apuntarvos ás partidas das nosas xornadas. O prazo pecha o día 5 de febreiro. Podedes ver as partidas inscritas dende a súa propia páxina. Son un total de sete partidas onde temos dende investigación cthulhoide ata fantasía en mundos tan coñecidos como ós da saga The Legend of Zelda e a … Ler máis

Estreando o server

Levamos menos dun mes en activo e non só estamos a preparar as xornadas (lembrade que ata o vernes 22 podedes presentar as vosas propostas), senón que xa estamos ofertando partidas, obradoiros e charlas en galego. Charla Xogar ao rol en galego A primeira actividade de todas foi a charla “Xogar ao rol en galego” … Ler máis

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario