Conta atrás! (e resumo de actividade)

Queda cada vez menos para as xornadas dos 6 e 7 de febreiro, tedes xa a vosa praza? Pola nosa parte estamos moi satisfeitos co ritmo no que están ocupándose todas as prazas. Podemos dicir nestes momentos que están garantidas cinco das sete partidas e poderán realizarse: Tren silandeiro, O atraco, Unha pérdida de tempo, Starwars: Tango Squad e Tamborís en Bethlehem.

Iso non significa que estén cheas, polo que se os interesa, non os cortedes en apuntaros. Ademáis, estaría xenial poder realizalas todas.

Lembrade que o procedemento para apuntarse é o seguinte: entra no noso servidor, saúda e no canle #xeral pide á Moderación que che incriba a sesión que che interese. Podes ver todo o que se oferta AQUÍ.

Ademáis das xornadas vanse a realizar máis cousas!

Próximas actividades

En primeiro lugar é necesario mencionar que a partida Sociedade do folclore galego: O regreso de Romasanta tivo que moverse de data ao martes 2 de febreiro, pero ten os xogantes para realizarse e hai moitas gañas de facela realidade.

Por outra parte, vaise organizar o xoves 4 de febreiro ás 21:30h un obradoiro de unha hora e media sobre o Fate e a creación de personaxes nese sistema. Non é preciso apuntarse, mais non está de máis manifestar interese no canle #Xeral.

“Dos videoxogos ao rol” é a próxima charla escollida. O venres día 12 de febreiro ás 22h imos falar de como adaptar videoxogos ao rol, as nosas experiencias facendo adaptacións e, en xeral, como facer unha mistura entre as nosas aficións favoritas.

Actividades pasadas

O venres 29 de xaneiro organizouse unha charla sobre ferramentas de seguridade e protocolo anti-acoso. Tivo moi boa acollida e alongamos a charla ata tarde! Grazas por participar.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario