Políticas

As nosas políticas

  • O noso propósito. O servidor Vas Dado nace para servir de lugar de encontro da comunidade de xogantes de rol en galego, estean onde estean, e que quen queira poida disfrutar desta afición tan ilusionante en galego, en boa compañía e nun espazo seguro. Únete ás partidas que se ofrezcan… Ou ofrece ti dirixir unha!
  • A nosa lingua: o galego. O idioma a usar no servidor é o galego, pero, ollo: sexa cal sexa a túa variante e o teu nivel! Isto inclúe as partidas, por suposto, tanto as que se xoguen nel como as que se anuncien nel pero se xoguen fóra.
  • Para maiores. Por ser as persoas menores especialmente vulnerabeis, e para garantir a súa seguridade, o servidor é só para maiores de idade.
  • Partidas dentro e fóra do servidor. Pódense ofrecer prazas en partidas que vaian ser xogadas tanto no servidor como fóra del, coa única condición de que vaian ser xogadas en galego.
  • Espazo seguro. A moderación do servidor actuará para garantir que o servidor (e iso inclúe as partidas que se xoguen dentro del) sexa un espazo seguro. Máis abaixo podes ler a nosa política para un espazo seguro, que inclúe o noso protocolo antiabusos (coñéceo ben!).
  • Todos os xogos son benvidos. Pensamos que non hai xogos malos: todos os xogos son bos se fan disfrutar a quen os xoga. No noso servidor, respectamos os gustos de cada quen e facemos que sexan respectados.
  • Contacto coa moderación. Para facelo, mellor polas canles públicas e citando @moderación. Se tratades de facelo por privado, pode que a persoa en concreto non estea disponíbel!
  • Material compartido. No servidor non se poden compartir materiais ilegais nin de dubidosa legalidade (piratería, falsificacións, etc.).
  • Adminis do servidor. Para garantir o propósito e o mellor funcionamento posible do servidor, as persoas que o administran farán o que consideren oportuno (incluidos cambios nestas políticas). Isto inclúe, por exemplo, os posibles casos de spam.

Unha política para un espazo seguro

Queremos que todas as persoas poidan unirse ao noso servidor para desfrutar das actividades e da comunidade en xeral, sen medo de ser obxecto de comportamentos abusivos. É dicir: que o noso servidor sexa un espazo seguro.

Para logralo, temos un protocolo antiabusos, que explicamos a continuación.

1. O protocolo anti-abusos

O equipo de moderación non pode estar vixiando activamente todo o tempo todo que acontece no servidor: a primeira liña contra os abusos… es ti! Se sofres unha conducta abusiva (ver máis abaixo), ou es testemuña dalgunha, pon en práctica o noso protocolo antiabusos. Son dous sinxelos pasos:

Primeiro paso. Chámalle a atención a persoa que a estea tendo! A xente normalmente cae nesas conductas inconscientemente e sen intención de facer dano, polo que iso adoita ser dabondo.

Segundo paso. Se a persoa que ten a conducta abusiva non responde á chamada de atención, ou reacciona pero comete novas infraccións, contacta coa moderación do servidor. Non cites ou escribas un privado a unha persoa de moderación en concreta: cita @moderación en calquera canle. Así chegas a todo o equipo e aseguras que alguén atenda. Unha vez informada, a moderación tomará as medidas necesarias.

2. As conductas abusivas

Esta son conductas que consideramos claramente abusivas, clasificadas pola sanción:

Cartón amarelo
Advertencia

  • Usar linguaxe discriminatoria. Comentarios machistas, LGTBófobos (homófobos, tránsfobos, etc.), racistas, xenófobos, capacitistas, clasistas, aporófobos ou, en xeral, calquera que se basee en situacións sociais de discriminación.
  • Pedir datos persoais. Solicitar datos personais innecesarios para o desenvolvemento da partida (como contas en redes sociais). (Se queres trabar amizade con alguén, sempre podes ofrecer ti os teus datos ao grupo co que xogaste! Pero sen insistirlle a ninguén.)
  • Ter unha conduta disruptiva. Nunha partida, calquera comportamento que entorpeza ou interrumpa o seu normal desenvolvemento, sen constituir una infracción máis grave. Por exemplo: acaparar a conversación, interrumpir constantemente cando fala outra persoa, falar reiteradamente dun tema distinto do que desexa falar a mesa, etc.

Cartón vermello
Nunha partida no servidor, expulsión da partida; noutro contexto (nos chats do servidor, p.e.), a xuizo da moderación

  • Acoso sexual. Comentarios soeces o sexuais dirixidos á unha persoa do servidor e que provoquen una situación intimidatoria, hostil o humillante.
  • Intimidar. Ameazar contra calquera persoa do servidor.
  • Comentarios ofensivos. Calquera clase de insultos, ofensas ou burlas cara outra persoa do servidor.

Cartón negro
Expulsión inmediata do servidor

  • Exhibicionismo. Ensinar xenitais ou pornografía, sexa imaxe real ou debuxos. (Cartón negro.)
  • Grabar sen consentemento. Tomar fotos, vídeo ou audio de calquera outra persoa do servidor sen o seu consentemento.
  • Ir contra unha ferramenta de seguridade roleira. Nunha partida, pór obstáculos á aplicación das medidas de seguridade previamente establecidas.
  • Intimidación moi grave. Ameazar a calquera persoa do servidor facendo fincapé no seu xénero, raza, nacionalidade, identidade de xénero, orientación sexual, clase, idade, diversidade funcional, aspecto, condición económica, relixión, embarazo, ou otra circunstancia persoal.
  • Comentarios ofensivos moi graves. Calquera clase de insultos, ofensas ou burlas cara outra persoa do servidor en base ao seu xénero, raza, nacionalidade, identidade de xénero, orientación sexual, clase, idade, diversidade funcional, aspecto, condición económica, relixión, embarazo, ou otra circunstancia persoal.

No caso das sancións, se unha persoa reincide (ten algunha conducta abusiva unha vez xa foi sancionada), a moderación lle impondrá o seguinte tipo de sanción en gravidade ao que se lle puso antes, salvo que a nova conducta requira algo superior! E todo isto será, por suposto, independentemente das accións legais pertinentes.

Pode haber conductas que non aparezan aquí indicadas e que resulten abusivas. En xeral, como regla fundamental: non sexas mala xente. Quedará en mans da xente de moderación decidir se algo é abusivo ou non.

3. Conductas abusivas e ficción

Estes comportamentos, claro, poden darse no contexto dunha partida por parte de personaxes ficticias contra personaxes ficticias. Se existe o consentimento das persoas participantes, sen que haxa unha conducta abusiva real, a moderación non ten nada que dicir. Pero tamén é moi posible un abuso real nun contexto así. Por esta razón, a nosa política anti-abusos mantense incluso neses casos, sempre que algunha das persoas implicadas considere que se da un abuso real, sexa directamente ou por medio da interpretación dunha personaxe.

Se queredes ter unha partida na que as personaxes poidan ter estes comportamentos sen perigo de danar a ninguén (e sen perigo de ser sancionados)… iso non é posible! A posibilidade sempre estará aí. Ese risco é o custe natural de explorar un terreno perigoso.

Sen embargo, existen moitas medidas que permiten reducir ese risco. A modo de exemplo, unha delas é anunciar a partida con aviso das conductas abusivas (e outros contidos perigosos) que se queren ver na ficción. Deste xeito, as persoas que non desexen participar nunha partida así manteranse á marxe, e as persoas que participen irán, literalmente, sobre aviso e poderán prepararse mentalmente para facer fronte ás situacións problemáticas que poidan xurdir.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario