Aberto o prazo para apuntarse ás partidas!

Dende hoxe xa podedes apuntarvos ás partidas das nosas xornadas. O prazo pecha o día 5 de febreiro. Podedes ver as partidas inscritas dende a súa propia páxina. Son un total de sete partidas onde temos dende investigación cthulhoide ata fantasía en mundos tan coñecidos como ós da saga The Legend of Zelda e a serie O príncipe dragón.

Como a xente xa podía apuntarse dende esta mañá, a partida Unha pérdida de tempo (para o xogo Cultos Innombrables) xa ten os xogadores mínimos para realizarse, moitas grazas!

Lembrade que a forma de apuntarvos é a seguinte:
· Fai unha conta en Discord (se non a teñes)
· Entra no noso servidor (pinchando neste enlace de invitación)
· Lee as normas do servidor no canle #Normas
· Arroba á Moderación na canle #Xeral e pide que te inscriban ás partidas que queras xogar.
· Espera ata que apareza o voso nome na información da partida no canle #partidas-e-actividades, se non aparece ou apareces noutra partida, avisa e o solventaremos rápidamente.

Unha vez sexas inscrito na partida terás acceso a unha canle de texto na que poderás falar da partida coa Dirección de xogo. Ademáis, teredes acceso a unha canle de incidencias para darse de baixa no caso de que ao final non podas participar na partida ou para preguntar dúbidas xeráis das xornadas.

Tamén lembramos que temos un cartel para que podas publicitar as xornadas nas vosas redes sociais!! Toda axuda na difusión do evento é benvida!

Deixa un comentario