Estreando o server

Levamos menos dun mes en activo e non só estamos a preparar as xornadas (lembrade que ata o vernes 22 podedes presentar as vosas propostas), senón que xa estamos ofertando partidas, obradoiros e charlas en galego.

Charla Xogar ao rol en galego

A primeira actividade de todas foi a charla “Xogar ao rol en galego” onde aproveitamos a ocasión para falar do noso proxecto, a iniciativa Vas Dado, que busca impulsar o uso do galego a través dos xogos de rol; pero tamén coñecimosa a moita xente, usuarios e usarias, interesada en participar, xente coa que tarde ou cedo, sabemos, compartiremos “mesa”. Porque o obxectivo das charlas é tamén coñecernos: os xogos de rol son una actividade social que funciona moito mellor cando parte dunha relación de confianza.

Descripción da charla:
A primeira charla do servidor! En “Xogar a rol en galego” falaremos da nosa experiencia xogando ao rol neste idioma, ademáis de falar da iniciativa Vas Dado, dos xogos e creadores de rol que hai en galego e de tódalas posibilidades que nos ofrece xogar na nosa lingua. Non é preciso facer inscripción para participar, aínda que se agradece manifestar no canle #xeral se ides facelo. A charla é de carácter aberto, será máis como unha conversa entre todos… noite de micros abertos! Pregunta as túas dúbidas e coñece a xente que hai neste servidor.

Xogar a rol en galego

Obradoiro de personaxes de Los Secretos del Mundo Mágico

Por outra parte, o vernes 15 de xaneiro fixemos tamén un obradoiro para presentar “Los secretos del mundo mágico“, un xogo de rol baseado na obra do mago máis famoso do mundo. Ademáis de explicar o sistema e mecánicas, os participantes puideron crear personaxes de exemplo para participar en futuras partidas, como a que temos o vernes 22 e para a que temos todavía prazas libres!

Descripción do obradoiro:
Organízase un obradoiro para presentar o xogo Los secretos del mundo mágico, explicar o sistema FAE e facer fichas de personaxe aproveitando que hai versión editable. As personaxes servirán coma personaxes prexeneradas para futuros oneshots que vanse xogar en Vas Dado.

Partida Carnaval

A terceira actividade foi moi tola: unha partida onde os e as protagonistas foron axentes especiáis no carnaval de Brasil. Os xogadores quedaron encantados cunha sesión cargada de humor. Este xogo é un hack do xogo Lasers & Feelings feito pola persoa que dirixiu a parrtida e o podedes descargar en Menos Samba e Mais Trabalhar se queredes xogar tamén vós.

Descripción da partida:

CARNAVAL
Uma partida de Menos Samba e Mais Trabalhar
QUANDO: domingo 17 de janeiro, às 12:30h, durante 1h 30m (one-shot)
FAIXA DE IDADE: NR-16
ÚTEIS: apenas Discord

Ponto de partida: os personagens são espiões internacionais numa missão secreta no carnaval de Brasil. Tudo o demais está por decidir: gerarémo-lo com as tabelas do sistema (um fork galego de Lasers&Feelings mais simple que a asa de um caldeiro) e a nossa própria imaginação. O tom esperado é uma mestura entre Austin Powers e Kingsman.
Mas não é obrigado nem requerido! Apenas trazer vontade de se divertir
.

***

E iso é todo por agora! Se queredes dicirnos calquera cousa, non dubidedes en falar con nós por calquera das canles. Todo o que estamos a facer cumpre estrictamente co protocolo COVID: podedes participar dende casa co voso móbil ou ordenador coa aplicación (gratuita) Discord!

Deixa un comentario